Hemeroteca

1997

Revista “Bravú” nº 4

Ilustración para o relato “M.A.R.” de Rafael Lema.


1997 (14 Abril-11 Maio)

A Arte Galega na Colección Caixavigo

Pintura e escultura galegas dos séculos XIX e XX.

Estación Marítima de A Coruña.

Cadros de Antón Mouzo na Colección (comentarios de María Luisa Ilarri Junquera):

“Nocturno cidade”, ceras e acrílico/papel, 34 x 49 cm., 1990.

Obra exposta: “A montaña disoluta”, acrílico, po de cristal, papel e tea de xute, de 150 x 200 cm., con dous monitores de vídeo que proxectan a imaxe dun reloxo de area.

“Sol entre árbores”, ceras e acrílico/papel, 30 x 51 cm., 1990-94.

La luz se filtra a través de una arboleda y espejea sobre un charco formado en el suelo. Lo real y lo imaginario dialogan y se funden a través de sensaciones visuales. Con gradaciones tonales, y transiciones de color imperceptibles, nos lleva a un paisaje de manchas y trazos esquemáticos en un ambiente de delicada evanescencia. El marco de este cuadro, igual que el de su compañero, fueron hechos por el autor utilizando maderas naturales.


1997 (29 Abril)

O Correo Galego. Reportaxe, por Albino Mallo.

Antonio Mouzo encara o futuro como unha busca de novas expresións

Para Antonio Mouzo a expresión artística pode desenvolverse por calquera das vías que lle permitan ó artista comunicarse co público. Por eso, aínda que comezou pola pintura, tamén realiza escultura, gravado, instalacións e vídeo porque, segundo di, “estou aberto a todo o que me dea oportunidade de expresar unha idea, sexa en situación estática ou en movemento”.

No seu estudio da Coruña, cara ó porto, este home nacido en Vimianzo prepara obras que, de momento, aínda no teñen un destino definido. Traballa por amor ó que fai e non pensa no seu futuro destino.

Tamén traballa cunha gran variedade de materiais. “Non me aferro ó tradicional, senón que busco aquilo que me pide a propia obra. Por exemplo, pintei cadros sobre sornáis nos que, ás veces, entre as pinceladas asoman as letras impresas como componentes da obra. Agora estou a facer un bosque no que os troncos das árbores son auténticas madeiras que vou atopando polo campo. Tamén teño outra obra que leva follas de árbores, pero nesta ocasión están feitas e recortadas sobre láminas de metal moi maleable”.

No estudio ten un gran cadro a piques de rematar no que se poden ver milleiros de flores feitas con masas de pintura, o que lles dá un carácter prácticamente escultórico. “Dentro da liberdade da miña obra tamén me gusta utilizar estes volumes feitos con pintura. No principio quixen representar un xardín e decidín que fora unha visión das flores realizada por unha persoa que as contempla dende arriba, coma se estíbese levitando. Por iso a perspectiva rompe coas máis tradicionais normas”.

Antonio Mouzo realizou diversos cursos no Círculo de Bellas Artes de Madrid e en talleres da Universidad Menéndez y Pelayo e Universidade de Vigo. Comezou a exponer na Coruña no ano 1975 e dende entón case tódolos anos deu a coñecer algunhas obras, ben en exposicións individuais ou ben en colectivas, algunhas destas forra de España. Participou en publicacións como carpetas de gravados, revistas e portadas e ilustracións de libros, entre eles Costa da Morte Blues de Manolo Rivas.

As súas obras de gran formato pódense ver en coleccións como as da Xunta de Galicia, Museo de Belas Artes da Coruña, Banco Exterior de España, Concello de Carballo, Consorcio de Santiago, Museo Carlos Maside, Caixavigo, así como en centros de saúde e colexios públicos da Coruña. Para este artista o futuro segue a ser unha busca de novas expresións e, sobre todo, de comunicación a través das formas artísticas que poidan cegar a todo o mundo.


1997

Artistas Plásticos da Costa da Morte

Asociación cultural Monte Branco, O Couto, Ponteceso.


1997 (21 Xuño)

O Correo Galego. Relatos e debuxos do verán.

Ilustración de Antón para o relato “Cando chorou charo”, de Manuel Rivas..


1997 (Xullo-Outubro)

“Galicia, 1900-1990”.

Hospital da Caridade, Ferrerías da Armada (Ferrol).

Galicia, Terra Única (Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Comunicación Social).

Obra exposta: “A montaña disoluta”, acrílico, po de cristal, papel e tea de xute, de 150 x 200 cm., con dous monitores de vídeo que proxectan a imaxe dun reloxo de area.