Hemeroteca

1988 (Primavera)

Luzes de Galiza nº10/11

Ilustración de Antón Mouzo para un poema de Rivadulla Corcón: “Muxía: a cidade do mar no país do vento”.

1988 (Agosto)

VIII Bienal Internacional de Arte (Pontevedra) [Catálogo]

Xunta de Galicia. Deputación de Pontevedra.

Obra exposta por Antón Mouzo: Instalación [A montaña disoluta].


1988 (Outubro)

A Coruña. Sala Municipal de Exposicións da Estación Marítima.

Exposición colectiva “Mencer”. [Catálogo]

Obra pictórica exposta por Antón Mouzo: “No río” (Óleo/tea, 127 x 117 cms.)

1988 (Decembro)

(Antón Mouzo, La Voz de Galicia, 28-12-1988)

“I Concurso-adquisición de pintura galega. Concello de Carballo”.

Das cerca de oitenta pinturas presentadas, obtuveron os premios as obras de Antón Mouzo, Berta Cácamo, Álvaro González de la Vega y Cruz Pérez Rubido. O pintor Manuel Facal, un dos membros do xurado, considerou que a obra de Antón Mouzo era figurativa e moi xoven e fresca, referíndose ao óleo que representaba a uns nenos xogando nuha praia.

“Este traballo que presentei aquí é figurativo, ainda que na miña obra fago tamén abstracción e moitas veces combino estas dúas cousas, pero este cadro en concreto é un traballo figurativo e narrativo, conta a historia dun partido de fútbol nunha praia da comarca, na de Arou en concreto. Foi un cadro que saiu dun apunte que tomei na praia onde uns amigos estaban xogando”.

1988 (3-10 Decembro)

Amnistía Internacional. Exposición subasta.

Sala Municipal de Exposicións, Estación Marítima, A Coruña.

Antón Mouzo, xunto a outros 30 artistas, aporta obra para a subasta solidaria.


1988 (Decembro)

Tras o falecemento do seu pai, o 29 de Novembro do 1988, Antón fai o seu primeiro viaxe a Berlín.