1990
Colectiva Galería Obelisco, A Coruña
1991 (Xaneiro)
Ilustración de A. Mouzo para a portada do exemplar nº 8 de “cadernos da escola dramática galega” (“A lición”, drama cómico de Eugène Ionesco).

1991 (Setembro)
“O rostro do tempo” (colectiva de pintura e escultura. Catálogo). Concello de Vigo.

Obra exposta: “Laberinto fósil”. Técnica mixta sobre lenzo. 200 x 170 cm. Ano 1991.
1991
Amnistía Internacional. Exposición subasta.
Casa da Cultura Salvador de Madariaga, A Coruña.
1991 (2-15 Decembro)
“Mail-Art Erakusketa BIZIKLETA” (Exposición de Mail-Art LA BICICLETA). Obras de arte enviadas por correo. Comisión Municipal de Cultura, Axuntamento de Eibar (Guipúzcoa).

1992 (30 Xaneiro)
La Voz de Galicia (Cultura)
Por Manuel Rivas
Antón Mouzo: A tranquila desolación
Unha das primeiras noticias certas que tiven de Antón Mouzo foi no curso dunha inundación.
As augas do río Pequeno desbordaban polo val de Soneira, agallopaban fóra do curso natural dos ameneiros, asolagaban os campos do maínzo, anegaban os centeos e agatuñaban por valados e pontes, improvisaban fervenzas polas pradarías en aba,e, finalmente, brincaban dos foxos ás estradas con esa atolondrada inocencia que ten a natureza cando intimida aos humanos. A máquina na que eu viaxaba tivo dificultades para remontar as augas e chegar a destino. Logo soupen que a esas horas, nun soto ribeirán de Vimianzo, o pintor Antón Mouzo loitaba por rescatar os seus lenzos do vómito da treboada.

Fóronse as augas camiño do mar da Costa da Morte pero quedou impresa, trascendida en metáfora, a escea do creador facendo fronte ao naufraxio da obra e contemplando logo o pouso do tempo inclemente sobre os lenzos.
O milagro das obras pictóricas, cando se acada, ten moito que ver coa fixación dun intre, coa revelación, coa textura das sensacións que non queren esvaírse na nada. Esas obras atinxen a categoría do extraordinario cando falan de por si e tamén de todo aquilo que non se nos mostra, cando, mesmo ao nacer, teñen o musgue do tempo, a pegada dos restos que emergullen do naufraxio. Un sinte con plenitude esta presencia na obra última de Antón Mouzo. Os que valorábamos o seu dominio técnico, asistimos agora engaiolados á descuberta dun camiño intransitado, á descuberta dun latexo activador de suxerencias. O oficio libérase de retóricas, de modismos, e abre sucos artesáns nunha superficie feita con tiras de pel e historia efímera. Pousa a neve nunha paisaxe desolada de papel prensa. Sobre as vísceras dese mundo que dura un día, deita e encarna Mouzo o que é máis propio do ser humano, chamémoslle alma ou nostalxia.
Fóronse as augas camiño do mar da Costa da Morte pero quedou impresa, trascendida en metáfora, a escea do creador facendo fronte ao naufraxio da obra e contemplando logo o pouso do tempo inclemente sobre os lenzos.
O milagro das obras pictóricas, cando se acada, ten moito que ver coa fixación dun intre, coa revelación, coa textura das sensacións que non queren esvaírse na nada. Esas obras atinxen a categoría do extraordinario cando falan de por si e tamén de todo aquilo que non se nos mostra, cando, mesmo ao nacer, teñen o musgue do tempo, a pegada dos restos que emergullen do naufraxio. Un sinte con plenitude esta presencia na obra última de Antón Mouzo. Os que valorábamos o seu dominio técnico, asistimos agora engaiolados á descuberta dun camiño intransitado, á descuberta dun latexo activador de suxerencias. O oficio libérase de retóricas, de modismos, e abre sucos artesáns nunha superficie feita con tiras de pel e historia efímera. Pousa a neve nunha paisaxe desolada de papel prensa. Sobre as vísceras dese mundo que dura un día, deita e encarna Mouzo o que é máis propio do ser humano, chamémoslle alma ou nostalxia.
E é así que os obxectos fálannos de si mesmos, da súa apariencia, e tamén de todo o que non está, de todo o que invocan, de tempos e mundos que nunca se contarán en papel prensa. A sobriedade destas obras é tamén aparente, coma a luz dun espello. Así como tralo carbón está o lume e tralo lume a árbore e trala árbore a semente e a terra, tamén tralo trazo da silueta, das figuras, dos obxectos e da paisaxe insinuada, é posible reconstruir a perplexidade da mirada humana.
A semellanza dun deus, o artista ten o envexable poder de crear mundos. O de Antón Mouzo é o dunha tranquila desolación. Na voráxine das modas, tan persoal aposta adequire a dimensión dunha contrarretórica, dunha saudable e inquedante pescuda.
Lonxe de catálogos e de efímeras idolatrías, caladamente, coma un solitario artesán con mente renacentista, traballando as tatuaxes da memoria coas sutilezas do carbón vexetal, explorando melancolías activas nas longas soedades do reloxio de area da Costa da Morte… Ese que reina nese mundo é Antón Mouzo.
1992 (21 Febreiro-5 Abril)
Exposición seleccionados “VI Premio de Escultura PABLO GARGALLO”.

Palacio de la Aljafería, Zaragoza.
1992 (Verán)
Colectiva “60 IMAXES DUNHA COLECCIÓN”.
Consellería de Cultura e Deporte, Xunta de Galicia.
San Martín Pinario, Santiago de Compostela. Casa de Galicia, Madrid.
1992 (Verán)
Luzes de Galiza nº19-20
Oito ilustracións de Antón Mouzo para: “Paisaxes naturais e paisaxes culturais”, de Roxelio Pérez Moreira / “O’Xestal” e “O home a quen o mar chamou á porta da súa casa”, de Manuel O’ Rivas / “Poetas da Costa da Morte”.

1992 (19 Xuño-11 Xullo)
“Melancolía activa”. Exposición individual na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela.
20-6-1992
El Correo Gallego
Würzburg, Berlín, Postdam e Galicia, na obra última de Antón Mouzo Lavandeira

A galería Sargadelos de Santiago abriu onte as súas portas á obra do artista galego Antón Mouzo, que nesta ocasión ofrece unha serie de traballos elaborados sobre soporte de anacos de papel prensa, carbón vexetal e outros materiais. “A serie arrinca da miña estancia nas cidades de Würzburg, Berlín e Postdam –subliña Mouzo- con referencias temáticas alusivas á súa paisaxe e mesturándose con imaxes evocadoras do meu mundo orixinal, a Costa da Morte, ata o punto de crear unha paisaxe íntima, onde pinto coa luz e debuxo coa sombra” (…).
1993
Voces en Compostela. Consorcio da Ciudade de Santiago de Compostela.

1993
Exposición colectiva “Trazos e Camiños”, itinerante por Galicia.
1993 (Agosto)
Exposición individual no Castelo de Vimianzo.

1993
Exposición individual no pub “Modus Vivendi”, Santiago de Compostela.
1994 (5 Marzo)
La Voz de Galicia (p. 42, Soneira):

1994 (11-30 Marzo)
Exposición individual na galería “Abel Lepina”, Vigo.
1994 (8 Setembro – 1 Outubro)
Exposición individual na galería “Atlántica”, A Coruña.

[Ceras]
Texto do catálogo de Manuel Rivas:
O vixía do segredo
A igual que hai un fío que une o ventre das montañas barreiras de Bergantiños coas formas dos alfareiros de Buño hai neste último chanzo da obra de Antón Mouzo un íntimo vencello coa materia. Non son as montañas barreiras pero podían selo, montes secretos onde aburbullan, como fontes nacedoras, os soños das cores, pois ben dixo Uxío Novoneyra que en Galicia chove e chove para nós poder soñar. Baixo aparentes monocromías hai unha interminable primavera. A paisaxe e a atmósfera xeneran melancolía máis tamén zumegan o seu antídoto, a vontade de estilo, a imaxinación.
Neste caso a materia son ceras, que despois da colmea, o lagar e o tendal do sol, encóntranse coas mans en forma de cunca de Antón Mouzo. A natureza é transformada en pócima, nunha sustancia susceptible de obrar milagres. Na obra de Mouzo o milagre faise máis evidente porque non se esvai, non é maqueada, disimulada, a materia orixinaria.
Pola contra, un ten a sensación de que se acentúa no proceso, como se ao facerse arte humana, ao constituirse en xeoloxía íntima, rexurdira e salientara a súa natureza básica.
E nestas obras non só se pode ver o que Antón fixo senón o que as abellas soñaron que Antón podía facer cando ían de flor en flor, da fucsia ao alicroque, do pampullo ao chuchamel. E tamén pode verse a moenda dos pigmentos e como o pelisco dos dedos busca a exacta proporción de especias nun prato festivo. Antón Mouzo non só pintou con estas cores. Creounas. Eu imaxinoo coma un trasno dilixente e inxenioso, con eses ollos de mago e de moucho, nun obradoiro a carón do río, entre ameneiros, no val de Soneira, dirixindo toda a operación de producción de cores, comunicándose coas abellas e graduando a intensidade do sol cun luzómetro encontrado na misteriosa Cidá de Borneiro, orientando os neboeiros fisterráns do Mar de Forra cun cataventos fundido en fragua de mimosas de Somonte.
E unha vez que tivo as cores, as súas cores, Antón Mouzo fixo, con todo o dereito, o seu mundo. Pintou un cabalo vermello para agallopar entre lapas. Estoupou o que a materia levaba dentro, os soños quimiorectores que deran lugar a súa propia producción. Quizais unha abella chamábase Rothko, outra Chagall, outra Pollock, outra Lam, ou outra Melancolía. Pero non importa. Antón Mouzo ten xa o inconfundible selo dos que fan algo máis ca pintar un mundo. Crean un mundo. Son vixías dun segredo.
1994 (18 Setembro)
La Voz de Galicia (p. 44, Arte)
Por Rosario Sarmiento
Cambios en sintonía
A través de las exposiciones que han ido definiendo su trayectoria, la personalidad de Antonio Mouzo se ha conformado como sintomática de una reflexión sobre el entorno natural. En su trabajo de la galería Atlántica el uso de la encaústica le sirve de fundamento para articular una obra en la que el proceso es tan importante como el resultado, pero al mismo tiempo actúa como clave para adentrarse en un desarrollo conceptual más profundo y atractivo.
Buscar un nexo que aglutine las propuestas con que Mouzo ha ido identificándose a lo largo de su trayectoria es hablar de la personalidad de un artista de coherencia dispar, inductor de cambios, pero que nunca ha rebasado los límites de la lógica de contrarios.

Una definición bajo la que el espectador ha de conducirse si quiere introducirse en la realidad del último trabajo de este pintor en la galería Atlántica, en el que a través de la encaústica –la cera virgen tras un proceso de limpieza pasa a convertirse en base aglutinante del color que es aplicado posteriormente a partir de una fuente de calor sobre la superficie- ha buscado dar al resultado de la obra una valoración paralela al proceso que la ha generado.
Pero esto no significa que la acción primordial que define esta obra sea básicamente un proceso técnico, ya que esto reduciría el papel de artista al de artesano, al de actor de una acción que no tiene guión y que sólo gesticula palabras, sino más bien a una obra en la que la intromisión, la apropiación del espectador del propio proceso, es el único modo de trascender hacia un mundo de relectura más compleja.
Mouzo nos narra las referencias de un medio bajo la impronta de un fuerte y decidido cromatismo, con un emblematismo de elementos, de objetos y sujetos de su poética, que al igual que la inclusión del cristal o la elección de la materia o el color del marco tienen igual peso en la lectura final.
Para Mouzo el uso de una materia natural como la cera, del papel reciclado que utiliza en ocasiones como soporte o la inclusión de paja natural en algunas de sus obras para aumentar la sensación de volumen y espacio, son medios y fines en si mismos, narradores de una naturaleza inexistente e imaginaria, deseada, abstractiva, alejada de la luz gris que envuelve el verdor de su medio y que abre camino hacia una realidad más compleja de la que es difícil encontrar un único matiz referencial. Porque en la pintura de Antonio Mouzo esa dispar coherencia que ha venido aglutinando las propuestas de sus últimos trabajos es el resultado de algo más que la utilización de materias naturales, de aplicar procesos artesanales, de pintor alquimista que se nutre de lo que la naturaleza le ofrece, ya que se convierte a través de su conexión entre el plano de la realidad exterior y la realidad interior en “el lugar donde encuentro mi mundo, el lugar en donde estoy”.
La obra es, en definitiva, objeto, convertido en elemento sacral, de contemplación, preservado por el cristal, por la vitrina, pero también tangible e impactante para la sensibilidad, ya que ante todo es un elemento usurpador de las visiones contrariamente coherentes de su sensibilidad.
1995 (mes de Agosto)
Exposición individual na galería “Café de Macondo”, A Coruña.
1995 (9 Agosto)
La Voz de Galicia
El pintor soneirán Antón Mouzo expone en La Coruña varios dibujos sobre la Costa da Morte
El pintor de Vimianzo Antón Mouzo Lavandeira expone en La Coruña una serie de dibujos sobre la Costa da Morte. Una parte de los trabajos fueron publicados recientemente en el libro titulado Costa da Morte blues.
La obra puede verse en el local denominado Macondo, donde permanecerá durante todo el mes de agosto. La puesta en escena de los dibujos es muy particular, ya que están rodeados por objetos que solían pender de las paredes de las cocinas en las casas de aldea de la comarca.
El unto, la peneira, la ristra de ajos o el olivo bendecido el Domingo de Ramos forman una combinación perfecta con los trazos que el pintor vimiancés ha querido presentar en el referido local de la ciudad coruñesa.
Según el propio autor, la presencia de todas estas cosas ha sido tomada como una referencia poética y como elemento formal de la exposición, que fue instalada a principios de mes.
En estos trabajos, Antón Mouzo presenta una especie de estampas sobre paisajes y personajes de la Costa da Morte. Son una especie de reproducción de momentos concretos en la vida y el entorno físico “do país do río Grande”, donde “os corvos voan cara Touriñán”. La colección no fue realizada en un momento concreto, sino que está compuesta por dibujos realizados en instantes diversos e incluso bastante distanciados en el tiempo.
1995 (15 Outubro)
La Voz de Galicia (Soneira-Fisterra)

1996 (30 Xullo-30 Setembro)
Colectiva “Puxando o ar”. Abanicos de pintores galegos contemporáneos.
NOROESTE Xoias de autor, Santiago de Compostela.
1997
Revista “Bravú” nº 4
Ilustración para o relato “M.A.R.” de Rafael Lema.
1997 (14 Abril-11 Maio)
A Arte Galega na Colección Caixavigo
Pintura e escultura galegas dos séculos XIX e XX.
Estación Marítima de A Coruña.
Cadros de Antón Mouzo na Colección (comentarios de María Luisa Ilarri Junquera):

“Nocturno cidade”, ceras e acrílico/papel, 34 x 49 cm., 1990.
Obra exposta: “A montaña disoluta”, acrílico, po de cristal, papel e tea de xute, de 150 x 200 cm., con dous monitores de vídeo que proxectan a imaxe dun reloxo de area.

“Sol entre árbores”, ceras e acrílico/papel, 30 x 51 cm., 1990-94.
La luz se filtra a través de una arboleda y espejea sobre un charco formado en el suelo. Lo real y lo imaginario dialogan y se funden a través de sensaciones visuales. Con gradaciones tonales, y transiciones de color imperceptibles, nos lleva a un paisaje de manchas y trazos esquemáticos en un ambiente de delicada evanescencia. El marco de este cuadro, igual que el de su compañero, fueron hechos por el autor utilizando maderas naturales.
1997 (29 Abril)
O Correo Galego. Reportaxe, por Albino Mallo.
Antonio Mouzo encara o futuro como unha busca de novas expresións
Para Antonio Mouzo a expresión artística pode desenvolverse por calquera das vías que lle permitan ó artista comunicarse co público. Por eso, aínda que comezou pola pintura, tamén realiza escultura, gravado, instalacións e vídeo porque, segundo di, “estou aberto a todo o que me dea oportunidade de expresar unha idea, sexa en situación estática ou en movemento”.
No seu estudio da Coruña, cara ó porto, este home nacido en Vimianzo prepara obras que, de momento, aínda no teñen un destino definido. Traballa por amor ó que fai e non pensa no seu futuro destino.
Tamén traballa cunha gran variedade de materiais. “Non me aferro ó tradicional, senón que busco aquilo que me pide a propia obra. Por exemplo, pintei cadros sobre sornáis nos que, ás veces, entre as pinceladas asoman as letras impresas como componentes da obra. Agora estou a facer un bosque no que os troncos das árbores son auténticas madeiras que vou atopando polo campo. Tamén teño outra obra que leva follas de árbores, pero nesta ocasión están feitas e recortadas sobre láminas de metal moi maleable”.
No estudio ten un gran cadro a piques de rematar no que se poden ver milleiros de flores feitas con masas de pintura, o que lles dá un carácter prácticamente escultórico. “Dentro da liberdade da miña obra tamén me gusta utilizar estes volumes feitos con pintura. No principio quixen representar un xardín e decidín que fora unha visión das flores realizada por unha persoa que as contempla dende arriba, coma se estíbese levitando. Por iso a perspectiva rompe coas máis tradicionais normas”.
Antonio Mouzo realizou diversos cursos no Círculo de Bellas Artes de Madrid e en talleres da Universidad Menéndez y Pelayo e Universidade de Vigo. Comezou a exponer na Coruña no ano 1975 e dende entón case tódolos anos deu a coñecer algunhas obras, ben en exposicións individuais ou ben en colectivas, algunhas destas forra de España. Participou en publicacións como carpetas de gravados, revistas e portadas e ilustracións de libros, entre eles Costa da Morte Blues de Manolo Rivas.
As súas obras de gran formato pódense ver en coleccións como as da Xunta de Galicia, Museo de Belas Artes da Coruña, Banco Exterior de España, Concello de Carballo, Consorcio de Santiago, Museo Carlos Maside, Caixavigo, así como en centros de saúde e colexios públicos da Coruña. Para este artista o futuro segue a ser unha busca de novas expresións e, sobre todo, de comunicación a través das formas artísticas que poidan cegar a todo o mundo.
1997
Artistas Plásticos da Costa da Morte
Asociación cultural Monte Branco, O Couto, Ponteceso.
1997 (21 Xuño)
O Correo Galego. Relatos e debuxos do verán.
Ilustración de Antón para o relato “Cando chorou charo”, de Manuel Rivas..
1997 (Xullo-Outubro)
“Galicia, 1900-1990”.
Hospital da Caridade, Ferrerías da Armada (Ferrol).
Galicia, Terra Única (Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Comunicación Social).

Obra exposta: “A montaña disoluta”, acrílico, po de cristal, papel e tea de xute, de 150 x 200 cm., con dous monitores de vídeo que proxectan a imaxe dun reloxo de area.